Wipöp TPV

Un terminal innovador para cobrar en calquera lugar

Simplifica a xestión do teu negocio e acepta pagamentos en persoa cun dispositivo moderno, áxil e doado de usar

Wipöp TPV mostrando en pantalla una venta realizada con éxito.

Na vangarda da tecnoloxía

Wipöp TPV incorpora as ferramentas máis recentes para permitirche unha maior eficiencia nas túas transaccións diarias.

Pagamentos presenciais e a distancia

Podes cobrar en persoa ou enviar unha ligazón de pago. En ambos os casos, os teus clientes poden pagar mediante tarxeta ou Bizum (se o tes habilitado).

Funcións avanzadas para restauración e outros sectores

Wipöp TPV ofrece ferramentas como a xestión de quendas, a opción de engadir propinas e a posibilidade de cobrarlles aos teus clientes noutras moedas grazas ao servizo DCC, recibindo sempre o importe en euros.

Sempre contigo

Dispós dun soporte técnico e dun servizo de axuda, co obxectivo de ofrecerche a mellor experiencia tanto a ti como aos teus clientes.

Como funciona?

Dispón de conectividade a través de wifi e GPRS 4G.

Introduce os datos da wifi que empregas no teu negocio. 

Ou insire a tarxeta SIM que queiras usar para a conexión GPRS 4G.

Sigue as sinxelas instrucións para engadir o número de comercio, así como outros datos necesarios. Podes atopar este número nos documentos constitutivos da túa empresa, accedendo ao portal do Rexistro Mercantil ou revisando os datos de rexistro na Axencia Tributaria.

Tamén tes a posibilidade de personalizar o terminal ao teu gusto

ntroduce o importe do produto ou servizo que merque o teu cliente.

O teu cliente poderá elixir o método de pagamento que prefira.

Unha vez procesado o pagamento, o teu terminal Wipöp TPV imprimirá un recibo.

Fai unha copia para o teu cliente se o desexa; tes a opción de enviar o recibo por correo electrónico.

Podes revisar as transaccións realizadas desde o propio dispositivo ou accedendo ao Panel de control de Wipöp.

Acepta os métodos de pagamento máis utilizados

Requisitos

¿Cumples todos los requisitos?

Antes de comezar a usar Wipöp TPV, necesitas:

home-icon

Ter unha conta de Wipöp 
Non é necesario ser cliente do BBVA.

portfolio-icon

Estar rexistrado como autónomo ou peme 
Necesario para garantir a protección dos datos dos clientes.

warning-icon

Non estar en listas negras nin en sectores de actividade excluídos
Este control realízase para cumprir coa normativa vixente en materia de prevención e seguridade.

 

Tes algunha dúbida?

Que é un TPV?

Un Terminal de Punto de Venda é unha ferramenta que permite cobrar con tarxeta, carteira electrónica ou reloxo intelixente no teu negocio, de forma segura e sen complicacións. Tamén se coñece como lector de tarxetas. É unha alternativa segura, áxil e cómoda aos pagamentos en efectivo, o que che permite ampliar a variedade de métodos de pagamento que ofreces no teu comercio.

Si, podes solicitar varios terminais durante o proceso de contratación. Ademais, tes a opción de envialos todos ao mesmo enderezo ou de asignarlle un enderezo diferente a cada un.

Si, o teu Wipöp TPV require unha conexión a internet, ben sexa a través de wifi ou de rede móbil GPRS-4G.

En Wipöp ofrecémosche os TPV Android PAX A920Pro e A910s para axudarche a facer medrar o teu negocio.