Simplifica a xestión do teu negocio e acepta pagamentos en persoa cun dispositivo doado de usar.
Unha plataforma que evoluciona co teu negocio; escolle as funcionalidades que che axuden a avanzar.
Cobra aos teus clientes de forma remota dun xeito áxil e seguro, sen necesidade de ter unha tenda en liña.
Para comercios que buscan una experiencia online flexible, intuitiva y segura.
Proba e configura os teus produtos e servizos. Este panel está activo desde a autenticación do teu usuario.
Simplifica a xestión do teu negocio e acepta pagamentos en persoa cun dispositivo doado de usar.
Unha plataforma que evoluciona co teu negocio; escolle as funcionalidades que che axuden a avanzar.
Cobra aos teus clientes de forma remota dun xeito áxil e seguro, sen necesidade de ter unha tenda en liña.
Para comercios que buscan una experiencia online flexible, intuitiva y segura.
Proba e configura os teus produtos e servizos. Este panel está activo desde a autenticación do teu usuario.
Son unha ferramenta poderosa para facer medrar o teu negocio na sociedade actual
Se o teu negocio non está nas redes sociais, practicamente non existe para unha gran parte do público. Pero non abonda con estar presente, é fundamental utilizalas de maneira estratéxica.
Antes de empezar a publicar, asegúrate de entender quen é o teu público e onde está.
Escoller ben as redes axudarache a centrar os teus esforzos no realmente estratéxico para o teu negocio.
Cada publicación debe ter un propósito: atraer clientes, anuncia unha promoción, educa, inspira, etc. Evita publicar contido sen sentido, xa que pode confundir ou mesmo afastar o teu público.
Deseña unha estética que identifique a túa marca, desde as cores ata o ton da mensaxe. Se estás en varias plataformas, asegúrate de que a experiencia sexa coherente en todas elas.
Publicar ao chou non adoita dar resultados. Planifica as túas publicacións cun calendario que inclúe temas, datas e horas. Deste xeito, ademais de optimizar o teu tempo, aseguraraste de cubrir diferentes intereses do teu público.
Responde a comentarios, mensaxes e mencións. Este tipo de interacción crea confianza e aumenta a fidelidade entre os teus seguidores. Ademais, fomenta o diálogo para coñecer mellor as súas necesidades. Porén, é recomendable ignorar os comentarios de odio sen argumentación dos haters.
Comproba que publicacións funcionan mellor. As estatísticas de cada plataforma ofrécenche información valiosa sobre o tipo de contido que máis lle interesa ao teu público.
A calidade sempre debe primar sobre a cantidade. Ofrece información útil, entretida ou inspiradora para captar a atención dos teus seguidores.
Ignorar os comentarios ou as mensaxes pode dar unha mala impresión do teu negocio. Se non podes xestionalo todo, dálle prioridade ás consultas máis relevantes.
Aínda que axudan a aumentar a visibilidade, o seu uso excesivo pode facer que as túas publicacións parezan pouco profesionais.
Publicar o mesmo en todas as plataformas pode ser tentador, pero non sempre é efectivo. Cada rede ten o seu estilo e formato. Por exemplo, un vídeo para TikTok non funcionará do mesmo xeito en LinkedIn.
A maioría dos usuarios acceden ás redes desde os seus teléfonos. Asegúrate de que as túas imaxes, vídeos e textos se vexan ben en pantallas pequenas.
As redes sociais son unha ferramenta indispensable para calquera negocio, pero sacarlles proveito require tempo, estratexia e un obxectivo claro. Coñece o teu público, planifica ben o teu contido e presta atención ás métricas. Sobre todo, lembra que o éxito non se consegue da noite para a mañá; require moito traballo. Sé sempre constante, creativo e auténtico.