Simplifica a xestión do teu negocio e acepta pagamentos en persoa cun dispositivo doado de usar.
Unha plataforma que evoluciona co teu negocio; escolle as funcionalidades que che axuden a avanzar.
Cobra aos teus clientes de forma remota dun xeito áxil e seguro, sen necesidade de ter unha tenda en liña.
Para comercios que buscan una experiencia online flexible, intuitiva y segura.
Proba e configura os teus produtos e servizos. Este panel está activo desde a autenticación do teu usuario.

Agora podes usar o teu móbil, reloxo ou mesmo unha pulseira para pagar de xeito rápido e seguro. Deseguido, contámosche como
Non precisas levar a tarxeta física para facer pagamentos. Se te estás a preguntar como podes pagar coa tarxeta desde o móbil, aquí che explicamos todo o que precisas saber.
O pagamento co móbil é posible grazas ás wallets dixitais. Unha wallet é unha aplicación que garda de xeito seguro os datos da túa tarxeta de crédito ou débito. Funciona como unha carteira virtual e utiliza tecnoloxías como NFC (Near Field Communication) para facer transaccións sen contacto.
Algunhas das wallets máis coñecidas son as que veñen integradas nos sistemas operativos dos teléfonos, pero tamén hai aplicacións específicas de entidades bancarias ou provedores de servizos.
O proceso é realmente sinxelo:
En canto remates a configuración, poderás empregar o móbil para mercar en calquera comercio que teña un terminal de pagamento compatible coa tecnoloxía contactless.
A tecnoloxía non só está nos smartphones. Tamén podes pagar con reloxos intelixentes ou pulseiras que teñan tecnoloxía NFC. Estes dispositivos funcionan de xeito similar ás wallets móbiles: vencellas a túa tarxeta e simplemente achegas o dispositivo ao terminal de pagamento.
Por exemplo, se es unha persoa á que lle gusta correr ou facer actividades ao aire libre, cun smartwatch podes parar a mercar auga ou aproveitar para facer as túas compras sen a molestia de ter que levar a carteira.
Aprender a pagar con tarxeta desde o móbil mellora a túa experiencia de compra. Tanto pola súa comodidade como pola súa facilidade de uso, este método é unha boa alternativa para os pagamentos tradicionais. Ten sempre presentes os nosos consellos para usalo con seguridade.