×

Os nosos produtos

Panel de control en modo de proba

Proba e configura os teus produtos e servizos. Este panel está activo desde a autenticación do teu usuario.

Wipöp GO:
ficha técnica

Crea novas oportunidades de venda en liña ofrecendo os teus produtos e servizos a través de redes sociais como Instagram, Facebook ou WhatsApp.

Como funciona?

  1. Configura a plataforma 
    Rexístrate e personaliza Wipöp GO co teu logotipo, escolle as cores corporativas do teu negocio, engade as túas redes sociais e crea a URL. 
  2. Deseña os teus catálogos 
    Empeza desde cero ou usa un dos nosos modelos. Podes engadir produtos únicos ou subscricións, variacións como tamaño, cor, horario, prezo, subscricións… e adaptar todo ao teu negocio. Escolle segundo as necesidades do teu negocio. 
  3. Comparte os teus produtos e servizos 
    Xera unha ligazón ou un código QR para compartir por WhatsApp, Instagram, correo electrónico ou a través do medio que prefiras. O teu cliente accederá á pasarela de pagamento de Wipöp e poderá completar a súa compra de xeito seguro. 
  4. Tes o control total 
    Podes xestionar o estado dos teus movementos en tempo real. Accede a “O meu negocio” para ver as túas vendas e consulta que produtos e servizos vendes máis. 

Vantaxes de ter Wipöp GO

  • Aproveita as túas redes sociais: WhatsApp, Telegram, Instagram, TikTok, Facebook… poderás compartir a ligazón á túa tenda a través das túas canles preferidas. 
  • Rápida e sinxela: non se requiren coñecementos técnicos para crear a tenda, nin sequera precisas un sitio web propio. Wipöp GO permíteche ofrecer os teus produtos e servizos dun xeito sinxelo. 
  • Non se require deseño: se o prefires, tes varios modelos dispoñibles para comezar a personalizar a túa tenda. 
  • Grande personalización: podes incorporar o teu logotipo e as cores corporativas na tenda para ofrecerlles aos teus clientes unha experiencia de compra aliñada coa túa marca. 
  • Ecommerce social: Crea catálogos e compárteos mediante ligazóns ou códigos QR. 
  • Xestión de subscricións: facilita tamén a venda recorrente dos teus produtos e servizos a través de subscricións, habilitando pagamentos automáticos para os teus clientes. 
  • Variedade de métodos de pagamento: os teus clientes dispoñen dun abano de opcións para facer os seus pagamentos (como tarxetas de crédito, débito, Bizum e Google Pay). 
  • Control avanzado: desde o panel de control de Wïpop podes xestionar as túas vendas e subscricións en tempo real e analizar o comportamento de compra dos teus clientes con métricas. 
  • Seguridade para ti e os teus clientes: Wipöp cumpre cos estándares PCI-DSS e tokeniza todos os datos das transaccións económicas. Os datos dos teus clientes están protexidos. 

Contorno de proba

Podes probar a nosa plataforma Wipöp GO antes de contratala. Accede á proba directamente desde o portal de Wipöp, onde está aloxada a ferramenta. 

Só tes que rexistrarse cun correo electrónico e contrasinal ou mediante Single Sign-On (SSO). Podes probala indefinidamente, pero para vender produtos ou plans de subscrición terás que contratar unha das nosas solucións. 

Que che permite facer a plataforma en modo de probas?

  • Podes previsualizar catálogos, produtos, plans de subscrición ou variacións a través da opción “Ver ligazón”. 
  • Acceso restrinxido: a ligazón de vista previa é privada e só pode acceder a ela o usuario que iniciou sesión na ferramenta. Se compartes a ligazón, as outras persoas non poderán acceder a ela a non ser que estean autenticadas coa mesma conta. 
  • Para que o contido estea dispoñible publicamente e para que os usuarios poidan velo e mercar, debes activar unha das nosas solucións. 

Que requisitos necesitas?

A implementación da solución Wipöp GO é sinxela e non require requisitos tecnolóxicos. Todo o que necesitas é:  

  • Ter unha conta activa en Wipöp. 
  • Estar dado de alta como autónomo ou PEME. 
  • Ter unha conta bancaria para liquidar transaccións.