A través do panel de control de Wipöp podes xerar unha ligazón de pagamento única para cada cliente. Podes enviar estas ligazóns a través das redes sociais, de mensaxes ou do correo electrónico. O teu cliente só ten que abrir a ligazón e encher os datos correspondentes segundo o método de pagamento que escolla.
Accede á túa conta de Wipöp e selecciona “Crear ligazón de pagamento”.
- Pedirémosche a información do cliente ao que lle queres enviar a ligazón. Neste caso, se xa tes o teu cliente gardado, só tes que buscalo e esta información completarase automaticamente.
- No segundo apartado, debes escribir: a cantidade a cobrar, o concepto da operación e o método de pagamento co que o teu cliente quere pagarche.
Tamén podes personalizar a transacción seleccionando a moeda, definindo unha data límite para o funcionamento da ligazón de pagamento e gardando de xeito seguro os datos da tarxeta do teu cliente para futuros pagamentos. - Finalmente, podes seleccionar o idioma no que queres enviar a mensaxe coa ligazón de pagamento (perfecto para clientes estranxeiros) e inserir un enderezo web ao que enviarche a resposta da transacción.

Cando completes o formulario da nova ligazón de pagamento, aparecerá unha pantalla para confirmar a información inserida. Revísaa coidadosamente e corrixe calquera información incorrecta antes de finalizar a creación da ligazón de pagamento.
Unha vez completado este sinxelo proceso, poderás copiar a ligazón de pagamento para enviárllela ao teu cliente a través da túa canle preferida. Podes comezar a cobrar así de rápido!
- Envía as ligazóns pola túa canle preferida: WhatsApp, Telegram, Instagram, Facebook… así como por correo electrónico.
- Automatización de pagamentos recorrentes Se o teu negocio require pagamentos recorrentes ou subscricións, a ligazón de pagamento tamén permite configurar estas opcións.
- Flexibilidade en métodos de pagamento: ofrece aos teus clientes pagar como prefiran, mediante tarxetas Visa e Mastercard, Bizum ou wallets como Apple Pay e Google Pay.
- Conversión de divisas: conta co servizo DCC (Dynamic Currency Convertion) para que os teus clientes internacionais poidan pagar coa súa moeda local se o prefiren. Seguirás recibindo a cantidade en euros.
- Fácil de usar: podes utilizar a Ligazón de pagamento sen necesidade de ter unha tenda en liña nin unha infraestrutura técnica complexa. Ademais, podes controlar todos os movementos a través do noso panel de control.
- Seguridade para ti e os teus clientes: Wipöp cumpre cos estándares PCI-DSS e tokeniza todos os datos das transaccións económicas. Os datos dos teus clientes están protexidos.
Activar a solución de ligazón de pagamento é rápido e non require unha integración complexa. Todo o que necesitas é:
- Cumprir cos requisitos de seguridade PCI-DSS se manexas datos de tarxetas directamente.
- Ter unha conta activa en Wipöp.
- Estar dado de alta como autónomo ou PEME.
- Ter unha conta bancaria para liquidar transaccións.
- Se queres usar o servizo Bizum, debes telo dado de alta na túa entidade financeira.