×

Os nosos produtos

Panel de control en modo de proba

Proba e configura os teus produtos e servizos. Este panel está activo desde a autenticación do teu usuario.

Que é o NIF e para que serve en España

Este identificador é clave para realizar calquera xestión tributaria ou administrativa no país, desde presentar unha declaración de impostos ata abrir unha conta bancaria

O NIF, ou Número de Identificación Fiscal, é un código único asignado ás persoas físicas e xurídicas en España. Comprender como funciona e as situacións nas que se necesita pode facilitarche moitos procesos.

Que é o NIF?

O NIF é o número que a Axencia Tributaria utiliza para identificarte a efectos fiscais. Aínda que está asociado principalmente a obrigas fiscais, tamén é un requisito esencial para interactuar con outras institucións, como bancos, notarías ou administracións públicas. 

Para os cidadáns españois, o NIF coincide co DNI (Documento Nacional de Identidade). No caso de estranxeiros residentes en España, o NIF é o mesmo número có NIE (Número de Identidade de Estranxeiro). Doutra banda, as empresas e asociacións tamén teñen un NIF específico, coñecido como CIF (Código de Identificación Fiscal), aínda que se agrupa baixo a mesma denominación de NIF.

Que compón o NIF?

O formato do NIF varía segundo o tipo de entidade: 

  • Persoas físicas españolas: consta de sete ou oito números e unha letra ao final (por exemplo, 12345678A). 
  • Estranxeiros con NIE: comeza cunha letra (normalmente X, Y ou Z), seguida de sete números e outra letra final (por exemplo, X1234567L). 
  • Empresas e entidades xurídicas: o NIF comeza cunha letra que identifica o tipo de organización (como A para as sociedades anónimas ou B para as sociedades de responsabilidade limitada, por exemplo), seguida de oito números. 

Tipos de NIF segundo a súa primeira letra

Ese carácter define o tipo de organización dun negocio. Podemos atopar o seguinte: 

  • A: os NIF coa letra A no seu inicio pertencen a sociedades anónimas. 
  • B: os NIF coa letra B fan referencia a sociedades de responsabilidade limitada. 
  • C: un NIF coa letra C pertence a unha sociedade colectiva. 
  • D: se un NIF empeza coa la letra D, corresponde a unha sociedade comanditaria. 
  • E: os NIF que comezan pola letra E fan referencia ao rexistro en España de comunidades de bens. 
  • F: os NIF que comezan pola letra F correspóndense con sociedades cooperativas.  
  • G: un NIF coa letra G rexistra asociacións e fundacións en territorio español. 
  • H: os NIF coa letra F pertencen a comunidades de propietarios en réxime horizontal. 
  • J: os NIF coa letra J no seu inicio indican unha sociedade civil. 
  • N: os NIF coa letra N refírense a entidades estranxeiras en España. 
  • P: os NIF coa letra P no seu inicio pertencen a corporacións locais. 
  • Q: un NIF coa letra Q corresponde a organismos públicos. 
  • R: os NIF coa letra R están asociados a congregacións e institucións relixiosas. 
  • S: os NIF que comezan pola letra S están vinculados a órganos da administración estatal e de comunidades autónomas  
  • U: os NIF que comezan coa letra U son unións temporais de empresas. 
  • V: os NIF coa letra V refírense a sociedades agrarias de transformación. 
  • W: un NIF que comeza pola letra W fai referencia a entidades non residentes en España que rexistran establecementos permanentes. 

Requisitos para obter o NIF

O NIF asígnaselles automaticamente aos cidadáns españois ao expedir o seu DNI, polo que non é necesario solicitalo por separado. Non obstante, os estranxeiros e as entidades xurídicas si deben realizar unha solicitude na Axencia Tributaria para obter este número. 

No caso de estranxeiros, requírese o seguinte: 

  1. Pasaporte ou documento de identidade válido. 
  2. Formulario oficial de solicitude.
  3. Xustificación do motivo polo que se require o NIF. 

As empresas, pola súa banda, deben presentar os documentos de constitución, as escrituras e os datos dos seus representantes legais. 

Por que pode un banco solicitar este número?

Os bancos adoitan solicitar o NIF ao abrir unha conta ou contratar servizos financeiros. Isto é necesario para cumprir a normativa de prevención da fraude de do branqueo de capitais, ademais de garantir que as túas transaccións estean correctamente identificadas para efectos fiscais. 

Por exemplo, cando realizas transaccións dun determinado importe ou necesitas informar de movementos no estranxeiro, o banco utiliza o teu NIF para rexistrar estas operacións de forma segura e legal.

Recomendacións de seguridade co NIF

Dado que é unha información que identifica a túa situación fiscal, debes protexer o teu NIF como farías con calquera outro documento persoal. Aquí tes algunhas recomendacións: 

  • Non o compartas cando non sexa necesario. Proporciónao só a institucións de confianza ou cando sexa obrigatorio. 
  • Garda o teu documento nun lugar seguro. Non o perdas nin o deixes exposto para que o vexan terceiros. 
  • Revisa as túas operacións fiscais. Se detectas algunha actividade ou transacción non autorizada, denúnciaa inmediatamente á policía e ás institucións pertinentes. 

O NIF é máis ca un simple número. É unha ferramenta esencial para garantir que todas as túas actividades fiscais e legais en España se leven a cabo de forma correcta e segura. Non importa se o necesitas como particular, estranxeiro ou representante dunha empresa, comprender que é un NIF, como funciona e como debes protexelo é esencial para evitar problemas e facilitar os teus trámites.